O proceso de restauración do galeón será unha sucesión de tomas de decisión, algunhas serán executivas e rápidas, outras permitirán o debate e enriqueceranse cas opinións de todos. Sorprendentemente, e antes do que nos esperábamos, temos que ir tomando unha decisión sobre o deseño do barco, e cando hai uns días comentaba este tema con Xavier, comprobamos como opinábamos totalmente distinto o que nos dou pe a pensar que era unha boa oportunidade para solicitala colaboración de todos os que nos lesen mediante os seus comentarios.
Si ben todos temos claro que os galeóns son barcos de carga, non temos tan claro como se traballaba con eles. O traballo que realizaban estes barcos afectaba á distribución interior do barco e por suposto á cuberta.
Á vista das fotos de galeóns restaurados ou en proceso de restauración podemos ver cubertas como a do Adelino Manuel
Na que se aprecia unha bañeira de navegación e unha caseta con unha entrada pequena con porta corrediza.Esta distribución da cuberta repítese no Luisa
Esta disposición, bastante común nos iates de recreo, a min non me parecía lóxica nunha embarcación dedicada á cabotaxe. ¿Cómo se ían mover vultos, sacos, madeiros, etc. por esa portiña tan pequena?
Na observación doutros galeóns recuperados vemos outras distribucións de cuberta, por exemplo esta do Nuevo Sofía
Aquí xa vemos unha distribución na que se aprecian dúas casetas grandes á popa do mastro e unha á proa máis pequena, pero o máis importante é que a caseta central parece pechada con varias tapas dispostas para deixar a adega ben aberta.
Outro exemplo é a distribución do Eliseo
Na que se volve a repetir a distribución do Nuevo Sofía.
Esta distribución, máis coherente co traballo que realizaban os galeóns, encaixa cas fotos que podemos ver dos galeóns na súa época, como estas de galeóns en Muros,
Na primeira vemos as tapas para deixar ó descuberto a bodega, e notamos a ausencia da caseta máis a popa, probablemente pola ausencia de motor, dado que a foto é dos anos vinte. Na segunda podemos ver algunha das cubertas abertas para recibila carga.
Así vemos en esta foto de Vilanova como a cuberta do galeón está totalmente aberta para permitir o acceso á bodega
Curiosamente, esta última foto desvélanos algo que non estábamos a ver nas anteriores. No galeón vislúmbrase unha bañeira de navegación, algo curioso, xa que non se repetía en ningunha outra foto das antigas, e prescinde da caseta para o motor, probablemente porque non tiña motor. Esta distribución foi a que elixiron no obradoiro Mar de Vigo á hora de facer o Galeón Coruxo, que como vemos nestas fotos ten unha pequena bañeira para a navegación e tapas desmontables para abrir a adega.
Todas estas imaxes debían estar apoiadas na descrición dun galeón e confirmeino lendo o libro de Jesús Blanco “Guía de las embarcaciones tradicionales gallegas” no que di:
Deste xeito creo que estamos no punto no que hai que decidir que tipo de restauración imos facer, imos a buscar o máis tradicional e propio do barco ou imos a facer unha interpretación máis moderna.
Ó meu entender os motivos para facer unha caseta e bañeira moderna son a comodidade á hora de navegar e posiblemente a seguridade da tripulación en caso de mala mar.
Os motivos para mantela igual que cando se usaban son o respeto ó deseño orixinal do barco e a restauración fiel.
A terceira distribución con bañeira e cuarteles para a adega, que vemos no Coruxo, resulta moi interesante porque introduce a posibilidade, apoiada nas imaxes antigas, de que unha restauración fiel poida levar bañeira.
E quedaría unha cuarta posibilidade que non está explorada, que sería mesturando o visto, dispor unha bañeira para a navegación e unha entrada á adega con porta corrediza, pero ó tempo manter a posibilidade de abrir completamente a adega, para poder seguir amosando como eran este tipo de barcos cando traballaban.
Chegados a este punto esperamos os comentarios de todos, para que cando teñamos que decidir o fagamos da forma máis documentada posible.
Xaquin Fabeiro.
me gusta la cuarta opción, ya que permite, abriendo por completo la bodega, mostrar al galeón en su aspecto original, determinado por su función, y en navegaciones más largas, o con mal tiempo, mayor comodidad y seguridad.
llendo al extremo podrían contemplarse dos coberturas intercambiables pra la bodega: una tradicional, con cuarteles, para mostrarlo en todo su esplendor y en cortas navegaciones con buen tiempo, y otra en forma de caseta, con corrediza, si se prevén navegaciones de más altura o con pronóstico incierto.
claro, ya os veo venir: “poco trabajo tenemos para que este, desde el otro lado del charco, nos quiera hacer trabajar doble” pero bueno, ustedes pidieron opiniones.
mi más admirada enhorabuena por la empresa que habéis encarado, y que no dudo llegará a buen puerto, con un par!!
espero visitaros alguna vez, conocer vuestro hermoso barco, y quien sabe, hasta nevegar en él.
saludos desde uruguay.
Gracias Guillermo, y no te preocupes que todas las ideas son bienvenidas, hasta esas que nos puedan hacer trabajar el doble.
Espero que puedas visitarnos y disfrutar de una navegada en nuestra ría.
Un saludo
Bos días, chegei a esta páxina por consello dun cofrade da “Taberna del Puerto”.
O primeiro quero felicitarvos polo esforzo que facedes na recuperación das embarcacións tradicionais, moitas grazas.
O segundo comentarvos que a solución de cuberta máis axitada pareceme a que responde ao uso tradicional da embarcación, como o exemplo de Coruxo. Non sei si esto dificulta moito a colocación dun motor, que hoxe é imprescindible, paréceme que a fidelidade a tradición débese manter sempre que sexa posible.
Grazas outra vez.
Roberto
Ese Tabernario, vou ser eu, jeje
Gracias polo comentario, sobre o tema da dificultade da colocación dun motor si caseta, está por ver aínda que motorización disporá o galeón, así que resulta aventurado.
Pareceme moi acertada a túa frase de que a fidelidade a tradición debe manterse, sempre que sexa posible
Gracias a ti polo comentario
dicía, que resulta aventurado discutir sobre como ese motor afectaría a cuberta.
Ola amigos:
Estupendo documento para o debate arredor dunha cuestión que efectivamente resulta fundamental. O deseño da cuberta resulta ser unha elección do máis trascendente na medida en que debe ser coherente cos principios, plantexamentos e obxectivos de base da recuperación do Galeón de Abelleira.
No documento recóllense os términos dun debate necesario e fértil. Podería resultar obvio pero desde logo non o é porque do feito ata o de agora na recuperación ou construcción de novo de Galeóns da Ría poden identificarse varias solucións en términos de respeto á tipoloxía tradicional ou interpretación máis moderna.
Na miña opinión calquer opción será boa, agora sí, un amigo meu sempre di que hai viño bo e viño boísimo, pois ben penso que debemos aspirar a conseguir un viño boísimo, mesmo sermos ambiosos e conseguir o mellor viño da temporada e ata o mellor viño de todos os tempos. Ben, coido que me expliquei.
Así na miña opinión (que obviamente non é excluinte senón unha simple aportación) un dos obxectivos prioritarios nos que se sustente o conxunto do Proxecto do Galeón debería ser o máximo respeto ás fórmulas que ao longo do tempo ten dado a sabedoría popular na construcción naval, mesmo coa intención de crear un referente que poña en valor o antigo.
Desta forma o Galeón de Abelleira será valioso en canto embarcación propiamente dita e tamén como testemuño do pasado, o que lle outorgará unha autenticidade que conlevará que o paso do tempo lle outorgue máis valor aínda.
Son moi importantes e dignas de todo respeto recuperacións de embarcacións tradicionais feitas por particulares coa finalidade de adaptalas ao uso propio dun iate de recreo, integrando estas embarcacións no espacio social que configuran os clubs náuticos. Esto ten efectos positivos sobre a posta en valor da cultura marítima sen dúbida. Aquí está o viño bo.
Son en todo caso máis meritorias as iniciativas das asociacións da federación de recuperar barcos tradicionais para o uso social formando parte dunha angueira máis amplia de dar a coñecer a cultura marítima conformando un movemento social e cultural de defensa e valorización do patrimonio marítimo. È aquí donde coido que se enmarca a nosa iniciativa. Este é o viño boísismo.
Vale, penso que xa me entendedes por onde vou, así que entro en materia.
Os galeóns tiñan a arboladura de madeira, poderiamos optar por porlle paus de fibra, pero estariamos faltando á esencia do barco.
Os galeóns tiñan a regala baixa, poderiamos levantarlla un pouco, pero vaia.
Os galeóns tiñan a cuberta aberta, poderiamos plantexar a recuperación optando por unha camareta propia dun barco de recreo e pecharlle a cuberta. Pero considero que estariamos a cometer un erro.
As solucións do Nuevo Sofía e do Coruxo son as adecuadas, penso eu.
Os galeóns foron embarcacións para o transporte de mercadorías dentro da Ría e entre Rías e esa é a súa esencia, a súa razón de ser e o motivo da súa fasquía. A recuperación do galeón ten tamén unha vertente didáctica e se lle deixamos a cuberta aberta estará a ser unha mostra evidente de cal foi o seu uso, porque resaltamos unha característica que responde a permitir unha maior facilidade na manipulación da carga que transportaba. Tamén considero que estariamos a lexitimar e reforzar a postura maioritaria no seno da federación da cultura marítima e marcar o camiño adecuado para futuras recuperacións que se fagan, e neste sentido tamén temos responsabilidade.
Tamén é certo que convén facer unha recuperación que permita a existencia dun espazo interior que mellore a habitabilidade do barco e permita mesmo pernoctar con comodidade nel. Para eso, o idonea sería construir un rancho confortable.
Bueno amigos, como vedes encántame o debate plantexado e paréceme moi adecuado e necesario. Coa única intención de realizar unha aportación ao debate e de ningunha maneira excluir outras posturas, a que acabo de expoñer é compartir con vos é a miña postura personal que interpreto (sempre podo estar equivocado) é maioritariamente a do conxunto das asociacións das federacións, e que coido que nos axudará a conseguir en Abelleira o mellor viño de todos os tempos;)
Unha aperta mariñeira.
Hola Moncho
Parécenme moi acertado o teu comentario e agrádame especialmente que compartamos un punto de vista en este tema “non hai respostas correctas ou equivocadas á cuestion plantexada”, calquera que sexa a opción escollida será valida, pero serao máis canto máis amplo sexa o debate, e canto máis convencidos estemos todos da solución que adoptemos.
Así, a distribución da cuberta debe responder ós nosos criterios, tengo en conta o tipo de proxecto no que estamos e os usos ós que se vai adicar o galeón, pero sobre todo, debemos tomar esta decisión por riba das opinións dos demais, tanto do enxeñeiro, como do carpinteiro, incluso por riba do que opinen os mais sabios na FGCMF.
Por suposto que, todalas opinións son benvidas, ese era tamén o obxecto desta entrada do blog, recadar cantas máis opinións mellor, e, evidentemente, as opinións dos que saben máis e teñen más experiencia en estos temas deben ser atendidas con mimo.
En ese senso, gustaríame moito oir opinións como a de Luís o patrón do Novo Sofía, xa que leva moitas millas navegadas nun galeón pódenos falar da forma de navegar en eles, así como da seguridade en navegación, ou de Dionisio Pereira, que podería ver canto nos acercamos ou alonxamos das solucións tradicionais en estos barcos.
De novo gracias polo teu apunte, e seguiremos no debate
Saudos
Ola Xaquín:
Aínda non nos coñecemos persoalmente pero non ha tardar moito, quedamos, se non pode ser antes, emprazados para a presentación pública do Proxecto do Galeón no Local Social de Sorribos.
Estamos no mesmo barco e ademais na mesma liña. Estou dacordo contigo na exposición de criterios e opinións que fas, supoño que esto é necesario para un bo funcionamento do grupo e supón para min un motivo de satisfacción.
Volvendo ao tema da cuberta do galeón coido que a disxuntiva que se plantexa de solución tradicional versus solución moderna non nos vai resultar excesivamente útil, refírome aos términos nos que se plantexa.
Para min a solución “moderna” consiste en facer unha recuperación tamén dos elementos culturais máis profundos para actualizados e convertelos nun factor de benestar social.
Solucións modernas que me veñen agora á cabeza é construir un bloque de apartamentos destruindo as instalacións dunha vella salgadeira, e estou falando dalgo moi real que se perpetrou nos anos 90 en Esteiro e que desafortunadamente non é nada aillado.
O “moderno” na recuperación do Galeón é poñer nun primeiro plano a vela, para o conxunto da sociedade, como medio de propulsión ecolóxico e coherente co desenvolvemento sostible. O anticuado sería concebir o motor dunha forma distinta a un elemento complementario da vela, que é o preeminente.
Creo que xa se entende ao que me refiro.
Desta maneira o dilema ao que nos enfrontamos é respeto á cultura marítima versus ausencia de respeto á cultura marítima. Así estaremos a debatir sobre a nosa ubicación a respecto destes dous polos antagónicos.
A cuestión plantexada nestes términos considero que é útil para definir a busqueda da mellor orientación de todas as posibles.
Nun país como o noso e concretamente nunha zona como a nosa, na Ría de Muros e Noia, a cultura marítima é posiblemente o aspecto cultural máis vertebrador e integrador e nunha perspectiva histórica probablemente o máis relevante.
Enfocado deste xeito, a recuperación do galeón, para maximizar a súa utilidade social debería perseguir erixirse en símbolo de respeto á cultura marítima como realización social das comunidades costeiras que merece ser preservada e trasladada ao futuro, como un factor de riqueza cultural socialmente compartida que non podemos desbotar.
Temos que pensar, indo ao tema da cuberta, que a opción da distribución da cuberta que finalmente escollamos sexa respetuosa cos tipoloxía do barco, que representa ao conxunto da cultura marítima. Pero ademáis a opción elexida debe ser percibida como respetuosa e neste sentido a referencia máis útil é situar nun primeiro plano do debate as aportacións que poidan facer as veciñas e veciños de Abelleira, incluso por riba de consideracións máis complexas e elaboradas desde o punto de vista intelectual como poden ser a de especialistas como enxeñeiros, carpinteiros ou “sabios da Federación” que mencionas.
Teño a convicción profunda de que se a través do debate democrático somos capaces de conxugar todas estas aportacións diversas dentro do Grupo de Traballo do Galeón estaremos a facilitar o éxito do proxecto.
Amigo, estamos no debate,….
Unha aperta mariñeira.
Hola de novo Moncho
A este paso monopolizamos o debate 😉
Si relees o que escribín comprobarás que ate o de agora intentei non dala miña opinión persoal sobre o asunto, buscando que o debate se animara e dando a maior cantidade de información para que, dese xeito, todo o mundo fose quen de facerse unha opinión propia.
É evidente que coa excusa da “modernez” non se deben permitir falcatruadas, nin na construcción nin en ningún ámbito social e/ou cultural. agora ben, hai un punto onde entendo que hai que valorar moi ben as decisións que se toman, e é a seguridade.
Non parece razoable que podendo dispor de un plotter ou dunha VHF non se dote ó galeón destes sistemas de seguridade porque non son “da época”, eso sí poríallos ben agochadiños para que non “canten”. Nese senso, preocúpame que unha cuberta como a do Novo Sofía ou do Eliseo, que me parecen as máis clásicas, non sexan axeitadas á hora de afrontar mala mar. Xa teño unhas poucas millas navegadas, non son un lobo de mar, pero xa levo algún forza 6 no lombo e non sei como se axeita unha cuberta sin bañeira a esas circunstancias. Por eso gustaríame ver o que opina Luís o do Novo Sofía.
Por outra banda, sobre a habilitación interior, creo que esta é máis irrelevante e menos didáctica, si lle amosas a alguén o barco, lle explicas como se levaba a carga, amósaslle os cuarteles que tapan a adega, e logo dentro hai uns bancos e unha dotación de comodidade é sinxelo explicar que orixinariamente estaba diáfano, pero que se optou por adecualo para facer máis cómoda a vida a bordo.
En resumen,a miña opción sería cuberta o máis clásica posible, pero sin renunciar a unha bañeira por motivos de seguridade en navegación.
Un saudo
Bueno, recién chegado o blogue e vexovos armados por completo na tarefa de tomar decisións e o mais importante, ben documentados.
O vellos galeóns, na súa feitura orixinal, maioritariamente decribeos perfectamente Jesus Blanco no parrafo que publicades, a realidade e que as recuperacións que se fan non se fan seguindo o modelo orixinal. No Adelino Manuel, viase perfectamente pola súa estructura que traballou totalmente aberto e as sucesivas modificacións forono pechando para daptarse os diferentes usos e ahí digo. A que uso nos referimos? e non estou a pensar no de embarcación de lecer, pero pensade que foi bateeiro polas especiais caracteristicas de carga ou os modernos bateeiros non serán os modernos galeóns?.
A min particularmente gustame como está o Nvo. Sofía ou o vello Eliseo. Agora teredes que valoralo mirando a eslora e manga da embarcación. Porque o Luisa acada unha distribución practica para a súa eslora.
Sorte na decisión.
Fernando Piñeiro
Benvido ó debate Fernando.
Como dixen no comentario anterior, a min a solución que máis me gusta tamén é a do Novo Sofía e a do Eliseo, pero con esas dúbidas sobre a bañeira, así gustaríame a cuberta do Novo Sofía coa bañeira do Coruxo. O que non sei é si colle todo.
Un saudo
Ben Xaquín:
Ti e máis eu xa opinamos.
Estaria ben que nos dera a súa opinión Xavier, non???
Veña Xavier, anímate¡¡¡
Moncho, vouche facer caso,
A verdade é que pensei que este fío aberto non iba a ter tanta participación, e xa aproveito para agradecer a todos, os comentarios feitos sobre este tema que creemos moi importante.
Vamos a ver, eu non son ningún experto neste tema, nin moito menos, levo pouco tempo metido nesto da cultura marítima, inda que o collín con moita forza. Sempre me gusta escoitar e ler a xente que sabe, por eso non quixen opinar antes, ata ter unha visión máis global do tema.
A miña idea despois de ler os comentarios e ademáis de falar con máis xente, e unha simbiose entre o “moderno” e o “tradicional”. Explícome, cando falo de moderno refírome sobre todo as medidas de seguridade para unha navegación o máis segura posible, tal e como dicía Xaquin nun comentario, que hoxe en día non se entende navegar sin unha sonda ou un plotter. Estas “modernidades” non teñen porque afectar a forma tradicional orixinaria destes galeóns, é máis, penso que poden ser totalmente compatibles. Eu non concibo que estas “modernidades” modifiquen a forma orixinaria deste tipo de embacacións, pero si que son imprescindibles hoxe en día. A miña idea de distribución da cuberta é que sexa o máis fiel as orixinarias, tal e como describe no seu libro Jesús Blanco. Inda que teño as miñas dúbidas sobre o espacio e tamaño da escotilla de popa, onde deberia ir o patrón. Nesa zona tamén temos que poñer o motor e vexo que si vai o patrón, non pode ir o motor e viceversa, esto sempre que instalemos e reparemos o motor que temos, si se comprara outro motor máis pequeno non habería problema. E non falemos xa da litera para o mecánico ou maquinista…
Tamén estou dacordo coa reflexión de Moncho, sobre todo no tema de que quen ten moito que dicir neste tema son os socios/as da asociación A Ostreira, porque non nos esquenzamos, pero debemos a eles.
saúdos dende estes mareáns…
Vale.
Pois estamos todos dacordo no básico. A cuberta responderá a unha solución o máis aberta posible en coherencia coa tipoloxía do barco. A cuestión concreta a que buscarlle solución será compatibilizar na popa espacio para a bañeira de navegación para o patrón e tamén para o motor.
Se hai recursos económicos para dotar o galeón do mellor instrumental para a navegación, pois estupendo.
Unha aperta, amigho.
Como home con moitos días de mar como son eu, teño que decir, sen medo a errar, que a distribución da cuberta non debe xerar ningunha controversia, pois todos sabemos que ten que ir no seu sitio.
Un saudo de clase.
Saude