Debido a complexidade e costo do proxecto da restauración esta tense que dividir en fases que se irán realizando de acordo a dispoñibilidade de fondos e/ou de “forza de traballo”
1ª Fase, Traballos previos:
Os traballos previos a realizar son a reparación básica do casco para permitila súa flotabilidade e traslado ó Asteleiro, desmontaxe do motor e da grúa e transporte dos mesmo á Abelleira.
Estes traballos xa están en marcha
2ª Fase, Restauración do casco:
Esta primeira fase na que o casco do RH 1 vai volver ás súas formas orixinais, consistirán
– Reformando a popa e roda da proa, volvendo a ter un temón de cana exterior ó casco, unha caseta e preparando os equipamentos mínimos.
– Elaboración dos proxectos técnicos precisos para a correcta documentación do Galeón
Esta fase realizarase nos Asteleiros Mougan da Illa de Arousa e os proxectos pola empresa Gestenaval, estes traballos están presupostados e encargados, esta fase esperase rematada para a primavera do 2010
3ª Fase, Motorización:
En principio o galeón ten montado un motor de 100CV que se espera que funcione, o motor ó ser desmontado do barco, será trasladado á Abelleira para intentar devolverlle a súa funcionalidade, dependendo dos tempos o motor será montado no Asteleiro ou ben cando o galeón xa estea na Abelleira.
4ª Fase, Arboradura:
O aparello do RH 1 vai constar dunha vela cangrexa e dous foques, para o que será preciso dotalo dun mastro, un botalón, unha verga, e unha botavara. A madeira precisa para esta arboradura será de piñeiro, sendo as mellores épocas para a corta das arbores o mes de maio, unha vez o barco na Abelleira iranse instalando, ó ritmo que se poidan ir mercando a arboradura e as velas.
5ª Fase, habilitación interior:
Aínda que o RH1 non é un barco no que se pretenda pasar largas temporadas si que se pretende que estea presente nos eventos máis importantes de Galicia para este tipo de embarcacións, polo que se desprazará en viaxes duns días, polo tanto pretendese que o barco estea equipado con uns mínimos enseres para facilitala vida abordo dos seus tripulantes, así instalaranse polo menos 4 catres e unha pequena nevera de xeo.
Estes traballos ós ser os menos importantes faranse no último lugar, e cando se dispoña de algún presuposto para melloras no barco.
Deixar unha resposta