A decisión de formar un grupo de traballo está baseada en que o proxecto non pode ser acometido por unha persoa en solitario, nin asumido pola dirección de A Ostreira.
Os traballos serán asignados polo director, dependendo da dispoñibilidade de cada un dos membros do grupo, así como das súas capacidades.
O grupo de traballo non é pechado, podendo incorporarse novos membros de acordo ás necesidades do traballo.
O traballo de restauración será realizado por un grupo de traballo, composto por xente de diferentes campos profesionais, dirixido por O Ferreiro, forman parte do grupo:
Tono do Santa, Manuel de Tobío, Alvaro Zubiela, Xaquín Fabeiro, Juan Verán, Xavier Veloso, Moncho Bouzas, Ramón Piñeiro, Monchito e o Ferreiro.
Deixar unha resposta