Xa estamos a traballar na fase definitiva do galeón, estes días xa empezamos a darlle forma ao mastro.
O asunto da restauración do galeón non é tan doado como parece, continuamente temos que ir superando problemas técnicos que van xurdindo a medida que imos avanzando.
Cando hai uns meses pensabamos no mastro, o problema co que nos atopabamos, era buscar un pao de cómo mínimo 14 metros, e ademáis que fose bastante dereito. Outro problema a maiores sería o xeito de transportalo. Non sabiamos por onde empezar a buscar, pero unha vez máis, tivemos un pouco de sorte e apareceu un bo pau ben preto da casa.
Cando viamos superado un gran atranco, o mar tróuxonola solución en forma de madeiro, probablemente dalgunha especie do báltico e non tropical como contáramos erroneamente na entrada anterior. Medía de largo uns 16 metros e cun diámetro de 28 cms no couce 25 cms na punta. As medidas definitivas as que ten que quedar o mastro son de 14 metros de longo, 24 cms de diámetro no couce e 15 cms na punta. O asunto non é doado, pero seguro que o mestre Brea, é quen de realizalo exactamente como se pretende.
Para dar coas medidas do mastro, levamos tempo consultando cos armadores doutros galeóns, con carpinteiros, veleiros e enxeñeiros navais, xa que so temos unha oportunidade de facelo ben.
As primeiras aproximacións ás medidas chegábannos dende Gestenaval, en forma de táboas dun libro chamado SAILING YACHT DESIGN de Douglas Phillips-Birt, nas que para o desprazamento do galeón daba un diámetro de 10”, uns 25cm. Nestas medidas confirmábanos o Ramón, o veleiro, que nos deseñaba o plano vélico sobre un pao de 24cm no couce e 15 na perilla, pero ainda nos faltaba como se ía afinando o pao coa altura. Aí o que máis nos axudou foi un antigo documento que atopamos en internet, e polo cal non imos a guiar. Tratase dunha Ordenanza de 1618, sobre a arquitectura naval.
A continuación vamos a expor algúns datos de interese da mencionada Ordenanza. Os paus das naos e galeóns do século XVII , fabricábanse en madeiras de coníferas de Noruega e o Báltico, (igual que o noso), por que eran as que reunían as mellores calidades, cando esta madeira por culpa dunha guerra, escaseaba, entón utilizábase madeira autóctona, pero había que aumentar o diámetro, con consecuencias indesexables no peso e na estabilidade da embarcación. Os paus labrábanse cunha forma de fuso, de maneira que o máximo diámetro era por riba da cuberta, e as proporcións obtíñanse mediante o trazado polo quinto (3/5).
O pasado sábado 26 de marzo xa escomenzamos a plantexar o labrado do pao. Se alguén quere participar nesta clase de historia e de carpintería de ribeira pode pasar polo Galpón de Joaquin, alí estaremos traballando no mastro…
Deixar unha resposta