O venres 10 de outubro os técnicos de Gesteneval foron a toma-las medidas do galeón. Agora todo estaba en mans do asteleiro O Facho de Cambados, tiña que o carpinteiro estopar e reclavar algúns bordos e deixar o barco a inchar. Sabiamos que a semana do 12 ao 18 de outubro ía estar un tempo moi bo, as nosas previsións era que o galeón se puidese trasladar a Illa, o mércores 14. Pero iso non aconteceu, e mais o venres 16 as noticias eran que o galeón case collía auga como a primeira hora, e que o luns 19 ían a subir o barco para que o carpinteiro lle votase unha ollada. Parecía que en vez de ir para diante iamos para tras, o venres pola tarde empecei a preocuparme, e decidín que era hora de facerlle unha visita o asteleiro, na tarde noite do venres intentei contactar con Brea para ir o sábado 17 a Cambados, foi imposible contactar con Brea, visto o que aconteceu despois hai que darlle grazas a Díos.

Brea sube ao galeón.
Perante ese sábado, dinme conta que a mellor opción era ir o luns, por sorte o meu traballo permitíame ir ese día, así era seguro que podiamos falar coa administración do asteleiro, mais co carpinteiro do asteleiro. Quedei con Brea as 13:00 en Bertamirans, e a partir de ai viaxamos cara Cambados, onde chegamos un pouco antes das 14 horas, a esa hora pensabamos que non atopariamos ninguén no asteleiro, pero iamos comer para as 15 horas para cando escomenzaran alí a traballar estivésemos presentes.

Proa do galeón.
O asteleiro estaba aberto, e alí na explanada enriba dun carro estaba o noso galeón, estivémolo revisando Brea e mais eu, e vimos que o carpinteiro lle tapara algúnha xunta, pero que seguramente non chegaría. Pronto chegou alí o vixiante do asteleiro que é o encargado de subir e baixar os barcos, e logo tamén chegou o carpinteiro, un home moi singular, xa que nos contou unha serie de historias canto menos curiosas: Que ten un barco traballando no Caribe, en Illa Margarita, levando pasaxeiros e que alí mesmo estaba a reparar un barco das bateas para cruzar o charco e levalo tamén ao Caribe, tamén que estaba a reparar un veleiro da Copa América de 1903.

Problemiñas coa bomba, detras Luis co seu barco a espera.
Volvamos a nosa historia, eran as 14:30, e o estómago xa pedía algo, así que fomos a comer, a volta baixariamos o galeón e faceriamos unha proba, durante a comida estivemos a falar da lastima de non aproveitar o bo tempo que tivemos, xa que esta seman ía facer mal tempo. Chegamos o asteleiro a iso das 15:30, a partir de aquí ían acontecer unha serie de acontecementos todos negativos, menos o resultado final que foi inesperadamente moi positivo. Cando voltamos o asteleiro, o barco xa estaba na auga, xa perdemos a oportunidade de ver por onde lle entraba a auga. A seguinte idea foi sacar o galeón da auga para poder ver por onde saia a auga. Pero o galeón xa tiña uns cantos quilos de mais, e a intentalo rachou o cabo e o galeón foi mar abaixo, xa pensabamos no peor, era que se ía saír do carro, e logo que faciamos, por que alí non había onde amarrar o barco.

A bomba escomeza a funcionar.
O galeón aínda que non saíu do carro, si que lle caeron os calzos, polo que facía case imposible volver a subilo a terra. A partir das 16:00, escomenzamos a pensar que a mellor opción era o traslado a Illa. O móbil xa levaba un par de horas sinalando que a súa batería estaba agotada, e agora era fundamental. Para poder levar o barco a Illa, precisabamos o mais axiña posible:
• Que o asteleiro O Facho nos deixe quitar o barco, sen pagar.
• Contactar con Mougan, para que busque un barco.
• Conseguir unha bomba de achique.
A todo isto o día ameaza choiva, e a visibilidade escomenza a minguar, e o móbil a dar avisos de que dun momento para outro déixanos colgados, por precaución antes de nada anoto unha serie de números por si acaso. Subo a administración do asteleiro, e cóntolle o caso, pero eles dinme que a súa norma e que hai que pagar antes de saír o barco, logo de rogarlle acceden baixo a condición de que o martes a primeira hora teñamos feito a transferencia. Agora chamo a Mougan para que urxentemente, busque un barco, inténtao por varias veces pero elle imposible. A isto xa pasan das 17:00, e a visibilidade vai minguando, seguro que xa chegamos de noite a Illa. Xa sen opcións, chamo a Luís (patrón do Novo Sofia), resulta que se atopaba na Illa, para levar o barco das bateas, para Vilanova, por que se aveciñaba mal tempo, e alí estaría mais resgardado.

Derradeiro empuxón para abandonar o asteleiro.
Conteille o caso, e non dubidou en votarnos unha man, seguro que era xa unha mostra de compañeirismo a un posible barco tradicional. Agora faltaba a bomba de achique, o mesmo Luís díxome dun sitio onde alugaban ferramenta, alí me dirixo coas breves indicacións de Luís, en busca da bomba, o sitio parece calquera cousa menos un establecemento de aluguer, falo co propietario, e resulta que so teñen unha, pero que a teñen desmontada para revisala. Son as 17:30, e a situación e a seguinte, eu atópome no medio do monte sen bomba, co móbil a punto de agotarse, e Luís co seu barco cara o asteleiro, sabemos que sen bomba e imposible a travesía, póñome en contacto con Salvador (irmán de Uxío), da Illa, para saber onde poder atopar unha bomba, pero el non sabe. Entón chamo a Luís, para que de volta, e este decatase que un amigo de Vilanova ten unha bomba, tardo en dar con el, logo temos sorte a bomba semella suficiente. Está nova e o seu propietario sen coñecernos de nada prestase a deixala, a sabendas que é para bombear auga salgada, parece que a nosa sorte esta a cambiar, son case as 18:00, e saíu de Vilanova, para ir o asteleiro que esta a uns 10 kilometros pasado Cambados, no camiño teño que mercar gasolina para a bomba. Cando chego o asteleiro alí se atopa, Luís co seu pequeno barco das bateas, para remolcar o noso galeón. A bomba parece que non quere arrancar, o final faino e achica bastante auga, a manobra de enganche e un pouco rara, xa que os dous empregados do asteleiro, son tan atentos como un pouco torpes, para axudarnos sacan unha pequena planeadora, cun gran motor un V8 de 300 CV.. E o momento de partir, son as 19:00, case de noite, e aínda vamos a ter un problema mais. A bomba achica aproximadamente a mesma auga que entra, cando o galeón esta parado, deberiamos achicar o máximo posible, para ter unha reserva. Lonxe diso aínda o barco se pon en marcha, a cadoira ábrese, e a auga entre a tope, unha rápida manobra de Luís que lle coloca un destornillador e un trapo tapona a entrada de auga. En vez de levar unha reserva, xa partimos con sobrepeso. Parten cara Illa, indo Brea no galeón atendendo a bomba de achique, esta vai mantendo un nivel de auga aceptable, canto menos non aumenta. Iso indo despacio, pero iso non pode ser, xa que a visibilidade é escasa, e o mar xa leva baixando un par de horas. O aumentar a velocidade aumenta a entrada de auga. Eu vou a Illa por estrada, nunca unha viaxe se me fixo tan larga, aínda mais por que me resultaba imposible manter un contacto visual con eles. Cando chego a ponte da Illa aínda non os vexo, cando estou a rematar de cruzar a ponte, escomenzo a ver saír unha pequena luz de entre as bateas. A esas alturas o móbil xa estaba inservible, e dinme conta que levaba horas sen falar con Mougan, e que igual xa marchara do asteleiro. Cheguei alí e atopeime con outra noticia negativa, practicamente non tiñan medios para fondear o barco nin para a amarralo. A iso das 20:00 despois dunha hora de travesía chegan o lugar de fondeo na Illa, este sitio de fondeo e o mais ruín que un se poida imaxinar, tratase dunha praia completamente chan, con aproximadamente uns 50 cm. de calado, e con gran cantidade de cons (como lle chaman na Illa). A manobra é do mais complicada, corren os dous barcos serio risco de varar, co que iso significa, xa que para a noite dan alerta de temporal, podemos perder os dous barcos.

Escomeza o remolque.
A manobra de Luís resulta perfecta, e consigue saír sen quedar varado polos pelos. Para achegar o noso galeón a terra, precisamos tirar del dende terra, o final queda nunha posición perfecta, en canto amarramos o galeón, vimos que o mar xa baixara moito, e dicir se chega 10 minutos mais tarde, teriamos que deixar o galeón a uns 150 metros de terra, sen rizóns, e mercede do temporal.

O traxecto que recorreu.
Despois de todo conseguimos facer algo impensable, comentábame Brea de volta a casa que se atopaba moi contento, eu aínda mais, as circunstancias fixeron que arriscásemos o proxecto, o barco de Luís e incluso a vida de Luís e Brea.

¡Por fin! na Illa de Arousa, o lado do Adelino Manuel.
Con iso chegamos a Bertamirans as 22:30, e Brea aínda ten que ir para Tal onde non chegara antes dunha hora. Nada máis chegar a casa o primeiro que fago e chamar a Ramón para que o martes lle faga a transferencia ao asteleiro. En Mougan vai a estar varios meses, cando este rematado pasaráse a outro remolque, esta vez a Abelleira, e esperemos que en mellores condicións.
O Ferreiro
Emocionante o relato, o que me flipa é que estando ó lado que non se acordasen de mín, o mesmo xa non lles dou a batería.
Noraboa rapaces, estamos en camiño
Foi todo improvisación, a decisión foi tomada as 5 da tarde, e xa non daba tempo a nada.
Unha mala manobra no asteleiro, foi a culpabel de todo, xa que ali non habia forma de amarrar o barco, e na Illa por pouco tampouco. Moitas grazas asi e todo
OK, si o entendo, pero acordádevos de que ando por aquí. De feito ata me berrou Amorín, do clube mariño a Reiboa de Poio, porque decía que estando ahí como non o avisara para votar unha man.
Acordádevos de que andamos aquí o lado.
…incapaz de expresar os sentimentos que se teñen cada vez que se ve un buque rexurdir!
Xa non son poucos os atrancos que se vos aveciñan como para empezar con estes desaguisados…
Refléxase neste relato a forza de vontade que se ten cara as ilusións depositadas nesta aventura. Queda claro tamén, dada a axuda desinteresada dalgúns dos compañeiros, o apoio físico dalgúns homes do mar que tiveron a grandísima sorte de estar no momento tan especial que suporía ese traslado… e nin que decir ten que no que a apoio metafísico se refire estamos todos con vos.
Animo!!! e cando vos topedes con dificultades, (irremediables, por certo) pensade no que reflexará ese BARCO cando se vexa outra vez navegando que é o que prima…
Cómo ven decía Xaquín… xa sabedes onde estamos!
E o rapaz dí que non sabe escribir, pois quedouche bonito o comentario Amorín.
Gracias.
Por certo a túa opinión a de Paco e a de todos os que navegades no Luisa, será moi benvida na entrada do dilema da distribución da cuberta.
Gracias de antemán
Bueno, parece logo que o RH1 vai para a Abelleira, alegrome que o vello galeón teña mais vida. Hai anos antes de esta última transmisión algúns xa lle tiñamos votado o ollo, pero non sabiamos tampouco do seu estado.
Do traslado, soio decirvos que por aquí, na Arousa, Illa e Cambados estamos moitos que en calquera de esos momentos en que fai falta vos poderíamos votar unha man, seguro e ademais encantados de poder facelo.
Seguiremos o proceso de recuperación.
Unha aperta.
Fernando Piñeiro
fpsalnes@gmail.com
Noraboa e sorte con esta aventura.
Estades a levar a cabo un dos meus proxectos soñados: restaurar un bateeiro e convertelo (ou reconvertelo, no voso caso) nun galeón.
Vexo “orgullosamente” que o meu pobo, Bertamiráns, tamén participou nesta xornada… (aínda que só fora coma punto de encontro! :-D… )
Aínda que de terra adentro, a miña afección polas embarcacións tradicionais medra cada día, e máis cando vexo novos proxectos tan emocionantes coma este, que serven para recuperar unha parte importante do noso patrimonio, ademáis dunha embarcación. (Non hai nada que máis me entristeza que ver os barcos abandonados a morrer nas praias…)
Saúdos e, de novo, sorte co proxecto.